Saturday 27 de April de 2024

A campaña de Comercio Local de Nadal repartiu case 15.000 euros en premios directos


Os premios correspondentes aos bonos de compra de 500 e 200 euros deberán gastarse agora en febreiro, coa intención de mellorar as vendas nos comercios cambreses nun mes complicado para a economía local

A Concellería de Promoción Económica, que dirixe María Doures Branca García, repartiu na campaña de comercio local repartiu 35.000 rascas entre os comercios cambreses con case 15.000 euros en premios directos entre os máis de 150 establecementos que se inscribiron para participar na campaña. Cada compra en Cambre optou a un dos 2.000 premios directos, vales de compra, nos distintos comercios. Ao facer unha compra, os establecementos participantes entregaban á súa clientela un bono ?Rasca e gana? que podían conter premios que ían desde os 3 ata os 500 euros. Os bonos de 3, 5, 10, 20 e 100 euros foron gastados ata o 6 de xaneiro; o resto dos premios poderán gastarse entre o 1 e o 29 de febreiro nos establecementos participantes.

Así mesmo, os premios máis suculentos, con bonos de compra de 250 e 500 euros poderanse gastar en febreiro coa intención de mellorar as compras nestes comercios nun mes complicado para a economía local. Un deles, de 500 euros, foi entregado en Manu Sports de Cambre; tamén en Cambre resultou outro premio, de 250 euros, entregado na Panadería Santa Teresita. Os establecementos do Amorne, Style Fogar e Imán repartiron dous bonos, cada un deles de 250 euros. Para facilitar a as súas compras, poderán solicitar do concello o troco do bono por outros de 50 euros cada un.
A concelleira desprazouse esta mañá ata a tenda de deportes que deu un dos premios grandes (500 euros), para entregarlle os bonos ao cliente que rascou o boleto gañador, Fernando Santos.